
LUCES DO COMÚN é unha plataforma de LUMBRÍA EDITORIAL, na que se pretende dar cabida a diversas funcións relacionadas coa difusión e promoción dos contidos dos libros publicados por esta editorial.
Nesta plataforma, vanse a difundir textos seleccionados dalgúns libros editados que sexan representativos dun carácter filosófico ou político de evidente interese xeral. Tamén aparecerá publicada obra plástica dos artistas cuxa obra formou parte das edicións que se vaian producindo.
Por outra parte, tamén servirá LUCES DO COMÚN para promover e aportar información sobre o proxecto de “lecturas escenificadas” que tanto a editorial como algúns autores están interesados en realizar nun futuro próximo. Nelas se darán a coñecer fragmentos de obras publicadas que serán obxecto de lecturas, acompañadas de aportacións musicais e gráficas, tendo por obxecto unha posta en escena dos textos que contribúa a súa revitalización poética e política.
Por tratarse dunha plataforma aberta a lectores e autores, incorporará os proxectos e suxestións que estes nos vaian aportando co fin de enriquecer a súa funcionalidade o servizo da poesía e do pensamento implicados na dilucidación das problemáticas existenciais do presente.