Naturezas doentes
- Autor: Manuel Pizcueta
- Fecha de publicación: marzo 2022
- ISBN: 978-84-18136-68-9
Este libro foi concibido como unha experiencia que pretende indagar na
posibilidade dunha conxunción de linguaxes que, a pesar de pertencer a ámbitos diferentes da representación, poidan xerar espazos de sentido compartidos. A obra gráfica de Manuel Pizeueta que aqui amosamos, pon en escena, sobre a luz turbia dos sonos, a disolución dos perfis do real como experiencia que extrae da vertixinosa degradación do orgánico e da delirante proliferación do fragmentado, unha fusión cromática que evoca un mundo en descomposición, anegado pola liquidez putrefacta dunha contemporaneidade asolada.
Cohabitan nesta proposta paisaxistica, que envolve o existencial e o mundano, as inquietantes reflexións de Alfonso Pexegueiro, a sutil mirada poética de Xosé María Álvarez Cáccamo e o propósito, entre filosófico e literario, de Xabier Alcalde, de cultivar a fértil insuficiencia das palabras. Non ignoramos que unha experiencia editorial como esta, ainda non carecendo de
precedentes, intérnase nun territorio no que proliferan os riscos. Con todo, asumimos
este desafio en prol da creatividade que, neste momento dificil para a subsistencia do
espirito artistico, parécenos dunha vixencia irrenunciábel. Na posibilidade de transmitir o
entusiasmo co que este proxecto foi concibido e nos froitos que poidan extraerse do encontro
con esta aventurada tentativa, acharemos a compensación que non é senón gratitude
debida ao que o pensamento, a poesia, e a arte, seguen aportando ao devir do humano.
